As Grañas do Sor

Mañón, A Coruña, 15339
As Grañas do Sor As Grañas do Sor is one of the popular Public & Government Service located in Mañón ,A Coruña listed under Public & Government Service in A Coruña ,

Contact Details & Working Hours

More about As Grañas do Sor

Parroquia: Grañas do Sor (San Mamede)
Municipio: Mañón (capital Caión)
Comarca: Ortegal
A Coruña
Galicia
Nº habitantes 229
Concello: Praza do Mesón, 1 - O Barqueiro


Lugares de Grañas do Sor: Abeledo, A Aguieira, Ambosores, Arganzo, A Arrufana, O Azcoito, A Besta, A Cabana Vella, A Cabana, O Cadaval, O Cal, O Campo, Candedo, O Carballal, Casateite, O Cascon, Castiñeiras, Os Castros, O Caxigal, O Coto, O Couce, Curro de Eguas, Curuxeira, A Graña dos Carunchos, A Graña Vella, Gueimonde, A Igrexa, A Insua, Labrada, Pedron, A Penela, Pesegueiro, O Porto Vello, Rediz, A Ribeira do Bispo, O Rosario, San Martiño, Os Sendeños, A Silgada, Teixido.

A PARROQUIA DAS GRAÑAS DO SOR
As Grañas do Sor é a parroquia máis ó sur do concello de Mañón. Está entre as cumes da Serra Faladoira e o río Sor. O seu territorio está dividido, dende moi antigo, en tres “Cadrillas”, delimitadas por regos, de sur a norte, Cadrilla de Riba, Cadrilla do Medio e Cadrilla de Abaixo. Ten unha superficie de 33 km2, o que representa o 40% do concello, e 199 habitantes (censo de 2009) repartidos en 23 aldeas, sendo as máis habitadas as de Rediz e Currodeguas, con 25 habitantes; Casateites, con 23; Insua, con 21; Castiñeiras, con 19; Aguieira, con 13, e Os Castros e O Rosario, con 10 habitantes.
A súa igrexa parroquial (restaurada xunto ó seu entorno entre os anos 1993 e 2000) ten planta de cruz latina, tendo no seu brazo maior 41 metros de longo. Hai documentos da metade do século XVII da existencia desta igrexa atendida polos frades de San Bernardo, que dependían do mosteiro de Meira e se rexían pola orde do Císter.
Na descrición desta parroquia no dicionario Madoz (1845) dicíase das Grañas do Sor que era “un parage quebrado con buena ventilación y clima frío, pero sano: cuenta con 263 casas en tres grupos denominados, Cuadrilla de Abajo, de Arriba y de En medio. La iglesia parroquial es única y su curato de entrada y patronato real… Hai fuentes de buen agua y le baña el mencionado río Sor. El término participa de monte y llano, aquel poco poblado y este de mediana calidad. Los caminos vecinales y mal cuidados y el correo se recibe por la capital del partido. Produce centeno, avena, maiz y patatas; cría ganado vacuno, lanar, caballar y mular; se cazan liebres, perdices, corzos y lobos, y disfruta de la pesca que proporciona el río Sor. Industria: la agrícola, algunos telares de lienzos y estopilla y 8 molinos harineros. Celebra feria el primer domingo de cada mes, aunque poco concurrida. Población: 264 vecinos. Almas, 1.276. contribución, con su ayuntamiento”.
Persoeiros das Grañas do Sor foron Teolindo Soto y Barro, nado en 1848, que estudou Dereito en Santiago, foi senador por Pontevedra e deputado en Cortes por Lugo. Fundou a Academia Compsotelá de Xurisprudencia e o Círculo das Artes de Lugo. Foi colaborador do rei Alfonso XII. Unha filla súa foi a nai do coñecido actor francés Louis de Funes.
Outro grañés ilustre foi Lino Novás Calvo, un dos mestres da narrativa de contos do século XX. Naceu en 1903 no lugar de Pesegueiro. Emigrou de moi novo a Cuba e logo exiliase en Estados Unidos en 1960, falecendo en New York en 1983. A súa obra narrativa está recollida en oito libros publicados en diversos países.
Outro persoeiro nado nas Grañas do Sor foi o célebre Mamed Casanova, coñecido como “Toribio”, un dos “bandidos” máis coñecidos de principios do século XX, nado no lugar de Portobello en 1882 e que mantivo en xaque á Garda Civil ata que un día foi traizoado polo cura do Freixo e detido en 1902. Estivo en varias cárceres e saíu en liberdade en 1928 regresando ás Grañas disfrazado de esmoleiro. Foi visto na Coruña e outros dixeron que polas Rías Baixas, pero non se sabe onde nin cando morreu. Mamed Casanova “Toribio” foi protagonista de novelas e contos de diversos autores e a súa historia era contada nas feiras en coplas de cegos.




Map of As Grañas do Sor